BTT 2014



¡ Benvidos todos á Marcha BTT do Concello de Nigrán. !

A Peña Ciclista Val Miñor invítavos a participar e disfrutar desta nova edición da "Marcha BTT Concello de Nigrán".

Compartindo con todos vos a maravillosa afición ó mountain bike adicamos ilusión e esforzo para que nos acompañedes na experiencia de pedalear neste fantástico entorno natural e paisaxístico que, dentro do Val Miñor, ofrece o Concello de Nigrán.

A marcha BTT Concello de Nigrán é ante todo unha marcha de amigos, onde o único realmente importante é participar e disfrutar dunha paisaxe que fusiona mar e montaña para practicar un deporte que exixiranos esforzo, habilidade, capacidade de superación e respeto a natureza.

Integrado no Val Miñor, nas proximidades de Vigo, o Concello de Nigrán defínese coma unha excelente enclave turística pola calidade duns areais protexidos da bravura do mar polas Illas Cíes, iconos indiscutibles do Parque Natural das Illas Atlánticas, por unha climatoloxía excepcional, moderada na inmensidade dos montes que o rodean, e polas súas xentes sempre dispostas a ofrecer ó visitante o millor desta terra.

Na Peña Ciclista Val Miñor, adicados con pasión á práctica do BTT, tomamos conciencia de que o máis descoñecido deste entorno son as emocións que se recollen ó visitar os rincóns, únicos e maravillosos, que se agachan nos seus bosques. Entón tivemos a necesidade de compartilo con vos así que puxémonos na laboriosa tarea de organizar esta Marcha.

Queremos agradecervos o ánimo que dades en cada nova edición, porque vemos que o noso pequeno esforzo vese recompensado coa cada vez maior aceptación e expectación que vai tendo a Marcha entre os aficionados ó BTT. Un ano máis esperamos non defraudarvos e que disfrutedes coma nunca. 


Cómo chegar a Marcha BTT Concello de Nigrán
Situado ao sur da provincia de Pontevedra, o Concello de Nigrán dista 98 km de Santiago de Compostela por autoestrada, 20km. sepárannos da fronteira portuguesa e 12km. de Vigo, a urbe máis importante de Galicia. O seu enclave xeográfico e as excelentes comunicacións fan de Nigrán un lugar privilexiado.
Pódese chegar pola autoestrada de peaxe AG57 que enlaza Nigrán e o Val Miñor coa AP9 (autoestrada Coruña-Vigo-Portugal) e coa A52 (autovía Vigo-Ourense-Madrid).
Tamén podemos chegar polas estradas C550 e C325 (estrada pola via) que enlazan con Vigo, pola P0340 (Nigrán-Gondomar-Tui), pola P0341 (Porriño-Gondomar-Nigrán).
O punto de saída da Marcha e o pavillón de deportes de Panxón.


¡ Lembra:
 ó 9 de novembro ás 9:00
saimos de Marcha !

Para non vos perder podedes baixar o croquis que os deixamos aquí.


O Perfil da Marcha BTT do Concello de Nigrán. !

A "Marcha BTT Concello de Nigrán" podemos definila coma una ruta cunha dificultade media-alta ainda que é perfectamente ciclable.


A Marcha empeza no pavillón de deportes de Panxón, onde prácticamente saímos ó nivel do mar, e transcurre polos montes das parroquias de Camos, Chandebrito, Parada,...
O percorrido ten unha lonxitude duns 40km, alcanza una altitude máxima de 390 metros, e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 20,1%. Estimamos que, en condicións normais, débese facer entre as 4 é 3 horas e media.



Servizos
Grazas a xenerosidade e apoio de todos os nosos patrocinadores e colaboradores para a realización da marcha dispomos de:
- Servizos de primeiros auxilios e ambulancia
- Lavado de bicicletas ó finalizar a marcha
- Vestuario con duchas
- Avituallamentos
- Asistencia mecánica en ruta.


Descarga de información


Ruta de Sendeirismo

Para aqueles que o desexen o Concello de Nigrán organiza una actividade de sendeirismo coincidindo coa celebración da marcha.
Sairase do Pabillón de deportes de Panxón as 9:00 para percorrer a ruta da "praia dos afogados", 8 kilometros de dificultade media-baixa para a que se estiman unhas 3 horas e media.
Para máis información preguntar na Concellalía de deportes do Concello de Nigrán.


Participa na campaña "un kilo, un sonriso".

Trae a Marcha NigranBTT 1Kilo de alimentos non perecedeiros.
Doarémolo a CARITAS-RAMALLOSA e entre todos axudaremos ós que están máis necesitados.




Regulamento da Marcha

1. Peña Ciclista Val Miñor en colaboración con Concello de Nigrán, e coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e organismos competentes, é o organizador da IX MARCHA BTT CONCELLO DE NIGRÁN 2014, que se celebrará o 9 de novembro do 2014.
2. Esta marcha está aberta a tódolos ciclista maiores de 16 anos en posesión da licencia federativa en vigor. Quen non tivera dita licencia poderá tramitar a licencia dun día (seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil) concedida pola F.G.C.
3. É obrigatorio o uso de casco protector, levar visible a acreditación entregada pola organización, e os que estean federados presentar licencia federativa.
4. A ruta está sinalizada, debendo os participantes respectar o itinerario e o ritmo marcado pola organización, non podendo ser rebasado o grupo de cabeza en ningún momento.
5. A saída será ás 09:00 horas, dende o pavillón  de deportes de Panxón para facer un percorrido duns 40 Kms por pistas forestais dunha dificultade media-alta. Haberá puntos de reagrupamento e avituallamento, deberán ser respectados escrupulosamente por tódolos  participantes. A organización resérvase o dereito de modificar o percorrido por mor climatolóxico ou de seguridade.
6. Os federados deberán aportar no momento da entrega de distintivo a licencia federativa. Quen non a posúa pode obter o premiso de 24 horas facilitado pola F.G.C. pagando un suplemento de 12 euros.
7. A inscrición  poderá facerse:
  • Ata o  xoves 6 de novembro mediante preinscrición cubrindo o formulario que se atopa na páxina web do clube http://somoslosmansos.blogspot.com.es enviando xustificante de ingreso ó correo somoslosmansos@gmail.com debendo tamén  presentar copia do ingreso o día da marcha. O ingreso farase a favor da Peña Ciclista Val Miñor e sempre indicando Nº DE INSCRITO*, NOME E APELIDOS e na seguinte conta:
ABANCA: 2080 5052 17 3000157065    IBAN: ES0420805052173000157065
  • Participantes Federados: Mediante preinscrición deberán ingresar a cantidade de 6 euros
  • Participantes NON Federados: Mediante preinscrición deberán ingresar a cantidade de 18 euros (6 euros de inscrición + 12 euros de seguro facilitado pola F.G.C.)
  • O día da Marcha ninguén poderá inscribirse.
Nº DE INSCRITO, NO OBLIGATORIO
8. Só serán considerados participantes da marcha aqueles que realizasen debidamente a inscrición e leven visible o distintivo entregado pola organización senón poderán ser obrigados a saír do percorrido mentres se desenvolva a marcha. Non se considerarán participantes aqueles que de forma intencionada faciliten datos falsos ó inscribirse.
9. A organización disporá durante o transcurso da marcha dos servicios de asistencia sanitaria, mecánica e duchas una vez rematada a mesma, no pavillón polideportivo de Panxón. Unha vez rematada a marcha tamén haberá aperitivos e agasallos.
10. Cada participante será responsable dos seus actos tanto dentro como fora da marcha, excluíndo á organización das responsabilidades ás que houbera lugar, incluíndo posibles accidentes e as súas consecuencias, debendo cumprir o vixente regulamento de circulación xa que a circulación no será cortada.
11. A inscrición nesta marcha conleva a aceptación do presente regulamento en tódolos seus termos e as instrucións dos Organizadores para o bo desenvolvemento da marcha.


No hay comentarios:

Publicar un comentario