BTT & Trail 2016

¡Benvidos á Marcha BTT & Trail do Concello de Nigrán!

FOTOS:
Aquí tenéis las fotos de la XI marcha & Trail de Nigrán 2016.
Las fotografías están ordenadas por dorsales, las fotos tienen marca de agua y están en baja resolución, el que quiera las fotografías en gran calidad pónganse en contacto en el teléfono 657.659.182.
El precio de las fotografías son los siguientes:
1 foto- 4,5€
3 fotos- 10,5€
Todas- 13,5€
CLASIFICACIÓN DEL TRAIL:
 


A Peña Ciclista Val Miñor invítavos a participar e disfrutar desta nova edición da "Marcha BTT & Trail Concello de Nigrán".

Compartindo con todos vos a maravillosa afición ó mountain bike adicamos ilusión e esforzo para que nos acompañedes na experiencia de pedalear neste fantástico entorno natural e paisaxístico que, dentro do Val Miñor, ofrece o Concello de Nigrán.

A marcha BTT & Trail Concello de Nigrán é ante todo unha marcha de amigos, onde o único realmente importante é participar e disfrutar dunha paisaxe que fusiona mar e montaña para practicar un deporte que exixiranos esforzo, habilidade, capacidade de superación e respeto a natureza.

Integrado no Val Miñor, nas proximidades de Vigo, o Concello de Nigrán defínese coma unha excelente enclave turística pola calidade duns areais protexidos da bravura do mar polas Illas Cíes, iconos indiscutibles do Parque Natural das Illas Atlánticas, por unha climatoloxía excepcional, moderada na inmensidade dos montes que o rodean, e polas súas xentes sempre dispostas a ofrecer ó visitante o millor desta terra.

Na Peña Ciclista Val Miñor, adicados con pasión á práctica do BTT, tomamos conciencia de que o máis descoñecido deste entorno son as emocións que se recollen ó visitar os rincóns, únicos e maravillosos, que se agachan nos seus bosques. Entón tivemos a necesidade de compartilo con vos así que puxémonos na laboriosa tarea de organizar esta Marcha.

Queremos agradecervos o ánimo que dades en cada nova edición, porque vemos que o noso pequeno esforzo vese recompensado coa cada vez maior aceptación e expectación que vai tendo a Marcha entre os aficionados ó BTT. Un ano máis esperamos non defraudarvos e que disfrutedes coma nunca. 


Cómo chegar a Marcha BTT Concello de Nigrán
Situado ao sur da provincia de Pontevedra, o Concello de Nigrán dista 98 km de Santiago de Compostela por autoestrada, 20km. sepárannos da fronteira portuguesa e 12km. de Vigo, a urbe máis importante de Galicia. O seu enclave xeográfico e as excelentes comunicacións fan de Nigrán un lugar privilexiado.
Pódese chegar pola autoestrada de peaxe AG57 que enlaza Nigrán e o Val Miñor coa AP9 (autoestrada Coruña-Vigo-Portugal) e coa A52 (autovía Vigo-Ourense-Madrid).
Tamén podemos chegar polas estradas C550 e C325 (estrada pola via) que enlazan con Vigo, pola P0340 (Nigrán-Gondomar-Tui), pola P0341 (Porriño-Gondomar-Nigrán).
O punto de saída da Marcha e o pavillón de deportes de Panxón.


¡ Lembra:
 ó 20 de novembro ás 9:15
saimos de Marcha BTT e ás 9:45 o Trail !

Para non vos perder podedes baixar o croquis que os deixamos aquí.



O Perfil da Marcha BTT !

A "Marcha BTT Concello de Nigrán" podemos definila coma unha ruta cunha dificultade media-alta ainda que é perfectamente ciclable.


A Marcha empeza no pavillón de deportes de Panxón as 9:15, onde prácticamente saímos ó nivel do mar, e transcurre polos montes das parroquias de Camos, Chandebrito, Parada,...
O percorrido ten unha lonxitude duns 40km, alcanza una altitude máxima de 409 metros, e o punto de maior desnivel ten unha pendente dun 21,2%. Estimamos que, en condicións normais, débese facer entre as 4 é 3 horas e media.


O Perfil do Trail !

O "Trail Concello de Nigrán" podemos definilo como unha ruta cunha dificultade media e perfectamente realizable.




Servizos
Grazas a xenerosidade e apoio de todos os nosos patrocinadores e colaboradores para a realización da marcha dispomos de:
- Servizos de primeiros auxilios e ambulancia
- Lavado de bicicletas ó finalizar a marcha
- Vestuario con duchas
- Avituallamentos
- Asistencia mecánica en ruta.


Ruta de Sendeirismo

Para aqueles que o desexen o Concello de Nigrán organiza una actividade de sendeirismo coincidindo coa celebración da marcha e Trail.
Sairase do Pabillón de deportes de Panxón as 9:30 para percorrer a ruta 13 kilómetros de dificultade media-baixa para a que se estiman unhas 3 horas e media.
A inscrición poderá facerse cubrindo o formulario que se atopa non siguinte apartado.


Participa na campaña 
"un kilo, un sonriso".

Trae a Marcha Nigran BTT 1Kilo de alimentos non perecedeiros.
Doarémolo a CARITAS-RAMALLOSA e entre todos axudaremos ós que están máis necesitados.




Inscricions e regulamento 
 A inscrición  poderá facerse: 
  • Ata o  mércoles 16 de novembro mediante preinscrición cubrindo o formulario que se atopa na páxina web https://championchipnorte.com Poderase facer o pago na mesmo momento da inscripció o facer un ingreso e mandar un correo a marchanigran@gmail.com e debendo tamén  presentar copia do ingreso o día da marcha. O ingreso farase a favor da Peña Ciclista Val Miñor e sempre indicando Nº DNI del participante na seguinte conta:
ABANCA: 2080 5052 17 3000157065    IBAN: ES0420805052173000157065
  • Prezo 10€ para BTT e 16€ para Trail (seguro incluído)
  • O día da Marcha ninguén poderá inscribirse.
  • La recogida de dorsales será a partir de las 8:30 en el pabellón de salida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada